A rendibilidade social e económica da información na prensa: fidelizar con agasallos ou recuperar o xornalismo de calidade
Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
Sobre a Fonte de Informação| Campo | Valor |
| Título |
A rendibilidade social e económica da información na prensa: fidelizar con agasallos ou recuperar o xornalismo de calidade
|
| Autor |
Xosé Miguel Túíñez López
|
| Assunto |
—
— — |
| Descrição |
Xornalismo de calidade pode parecer unha reiteración terminolóxica. Sen embargo, as chamadas de atención de empresarios, organizacións profesionais e xornalistas sobre a necesidade de recuperar a calidade do periodismo advirten dunha evolución profesional que se está a distanciar dos estándares básicos e referenciais da actividade informativa e da súa responsabilidade social. Este artigo parte de que a calidade é un dos vectores que inciden na rendibilidade económica e está a ser desatendida en favor de accións publicitarias e de financiamento con axudas de organismos públicos porque ambas as dúas modalidades teíñen unha repercusión máis inmediata nos activos da empresa. Isto leva a que a calidade do xornalismo pase a depender fundamentalmente da estratexia decidida polos responsábeis do medio para construír o temario e a que se execute a través da actitude dos superiores xerárquicos na escenificación dos fluxos de participación dos redactores na axenda publicada, que non sempre son bidireccionais. Por iso, reflexiónase sobre a realidade global do xornalismo no conxunto dos periódicos galegos partindo da referencia das actuacións dos editores (World Association of Newspapers), as agrupacións profesionais (Federación Internacional de Periodistas), e os xornalistas (estudios desenvolvidos en Galiza para identificar as actitudes profesionais e as condicións laborais). Palabras chave Rendibilidade económica, condicións laborais, periodista polivalente, estratexias. |
| Editora |
Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
|
| Contribuidor |
—
|
| Data |
2007-02-08
|
| Tipo |
Artigo Avaliado por Pares
— |
| Formato |
application/pdf
|
| Identificador |
http://revcom.portcom.intercom.org.br/index.php/anuariolusofono/article/view/1153
|
| Origem |
Anuário Internacional de Comunicação Lusófona; Vol. 2, No 1 (2004)
|
| Idioma |
en
|
| Cobertura |
—
— — |
| Direitos |
—
|




